9 of march of 2025
A exposición abrirá ao público o vindeiro xoves 13 de marzo, na Sala da Cultura Salvador de Madariaga, en Durán Loriga
A Sala da Cultura Salvador de Madariaga, en Durán Loriga, acolle desde o vindeiro xoves 13 a mostra 'A melodía das buxainas', unha exposición organizada polo Concello, que convida a un percorrido artístico e literario pola historia deste xogo milenario.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a importancia de iniciativas como esta, "coas que nos achegamos aos xogos populares para coñecermos máis polo miúdo as nosas tradicións e darlles tamén un percorrido no tempo; facémolo cunha perspectiva interxeracional e contando coas xeracións máis novas".
Neste sentido, o Concello vén de convidar os centros educativos da Coruña a visitaren a mostra, que inclúe buxainas, fotografías artísticas, carteis informativos e textos literarios cos que as persoas visitantes poderán profundar no coñecemento das orixes dun xogo que forma parte da cultura lúdica e, de paso, vivir as emocións e sentimentos que provoca.
O acto inaugural da mostra terá lugar a vindeira semana na Sala da Cultura Salvador de Madariaga. Será o xoves 13 de marzo, ás 19.00 horas.

14 of december of 2025

13 of december of 2025

12 of december of 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible