Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2026

O Concello organiza visitas e talleres divulgativos no Castelo de San Antón e o Castro de Elviña polo Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos

A programación inclúe actividades gratuítas como itinerarios guiados polo Museo Arqueolóxico Histórico e o ciclo de talleres infantís “Os segredos do Castelo”

 Con motivo do Día Internacional dos Monumentos e Sitios, o Concello organiza para este sábado un amplo ciclo de actividades divulgativas para toda a familia no Castelo de San Antón e no Castro de Elviña. A programación, que é gratuíta, estenderase desde o mediodía (12.00 horas) ata pola tarde (18.00), e inclúe visitas guiadas e obradoiros para nenos e nenas.

Nas dúas sesións de visitas que se realizarán no castelo, as persoas participantes seguirán un percorrido guiado polo recinto e polas distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia. En total, medio centenar de persoas divididas en dous grupos desfrutarán deste itinerario gratuíto nunha das zonas da cidade con máis carga histórica. Pola tarde, outro grupo de 25 persoas participou nunha visita guiada ao Castro de Elviña.

Baixo o nome "Os segredos do Castelo", realizaranse tamén en San Antón uns talleres infantís gratuítos divididos en catro bloques temáticos:

  • Viaxar ao pasado: para coñecer de preto a orixe do Castelo de San Antón e descubrir como naceu esta antiga fortificación na Illa da Pena Grande.

  • Ser estrategos: para descubrir as características únicas das fortificacións e como estas estruturas defendían a cidade de invasións. 

  • Valorar a nosa historia: para espertar o interese polo patrimonio cultural e entender a súa importancia como legado da nosa identidade.

  • Unir forzas: para fomentar o traballo en equipo e a comunicación, xa que só colaborando se poderán descifrar todas as pistas do percorrido.

"Que os coruñeses e coruñesas coñezan mellor a súa historia é unha cosa que no Goberno de Inés Rey cremos que é fundamental. Por iso poñemos os medios municipais ao servizo deste tipo de actividades divulgativas, divertidas e gratuítas para todos os públicos", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión