28 de maio de 2025
O concelleiro de Cultura e promoción da lingua, Gonzalo Castro, participou nunha reunión que cualificou de “moi construtiva”
O concelleiro de Cultura e responsable do departamento de promoción da lingua, Gonzalo Castro, participou este mércores da reunión que a directiva da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) mantivo co presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. Neste encontro púxose en valor o importante papel que teñen as entidades locais nas accións de promoción do uso do galego.
O Concello da Coruña está na directiva de Alingua desde outubro de 2024, xunto cos concellos de Pontevedra, Carballo, Moaña, Narón, Rois e Betanzos, "nunha mostra do compromiso do goberno de Inés Rey pola defensa e promoción da nosa lingua, un goberno municipal que foi o primeiro en aprobar unha ordenanza de uso do galego no noso Concello", tal e como apuntou Castro, que destacou que o ton da xuntanza deste mércores foi "moi construtivo".
Acordouse a elaboración dun protocolo de colaboración entre ambas as institucións, que abordará accións concretas de dinamización e promoción da nosa lingua, como o programa "Modo galego, actívao". A RAG apoiará as accións de fomento e promoción do galego desenvolvidas por parte de Alingua, atendendo ás distintas realidades existentes nos concellos do país.

14 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible