3 de xullo de 2025
O Goberno de Inés Rey busca con esta iniciativa implicar ás entidades económicas, sociais, profesionais, educativas e veciñais na toma de decisións
Hoxe aprobouse en Xunta de Goberno Local a creación e posta en marcha do Consello Económico e Social, un órgano consultivo e de participación que ten como obxectivo implicar a cidadanía a través dos seus representantes na xestión e planificación da cidade.
"O dito órgano contará coa presenza das máis relevantes entidades económicas, sociais, profesionais, educativas e veciñais da cidade", apuntou a alcaldesa. Ademais dunha memoria anual, o Consello Económico e Social emitirá ditames sobre aqueles grandes proxectos previstos para a cidade. "A creación do Consello Económico e Social permitirá mellorar a participación e a transparencia a través dun organismo que aportará unha completa visión da cidade a través de todos os sectores que a integran", engadiu Inés Rey.

18 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible