16 de maio de 2017
A concellería que dirixe Alberto Lema organiza visitas didácticas para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos nas que estes prepararán menús cos produtos dos propios postos
A Concellería de Emprego e Economía Social pon en marcha unha nova campaña de dinamización nos mercados municipais que consiste na organización dunhas visitas didácticas guiadas destinadas a rapaces e rapazas de curta idade. O programa, segundo explica o concelleiro da área, Alberto Lema, ten como obxectivo "crear uns bos hábitos alimenticios na poboación infantil, familiarizando aos máis pequenos e pequenas cos alimentos de calidade que se venden nos nosos mercados".
"A finalidade desta campaña é a de inculcar na xente máis nova a importancia dunha alimentación equilibrada, fomentando hábitos axeitados mediante o xogo", engade Lema, en referencia a que os e as rapazas participantes nas visitas poderán preparar un menú cos produtos que se atopan nos diferentes postos dos mercados municipais.
O programa está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos que se dispoñerán en dous grupos, o primeiro entre os de 4 a 6 anos e o segundo entre 7 e 12. Cada grupo estará composto como máximo por 10 persoas. As visitas guiadas levaránse cabo nos seguintes mercados municipais, sempre en horario de 11.00 horas a 14.00 horas e nas seguintes datas :
· Mercado das Conchiñas
- Grupo 2: o 20/05/2017
· Mercado de San Agustín
- Grupo 2: o 20/05/2017
· Mercado de Elviña
- Grupo 1: o 27/05/2017
- Grupo 2: o 03/06/2017
· Mercado de Monte Alto.
- Grupo 1: o 27/05/2017
- Grupo 2: o 03/06/2017
· Mercado da Praza de Lugo
- Grupo 1: o 10/06/2017
- Grupo 2: o 17/06/2017
Para apuntarse, os pais e as nais deberán de cubrir unhas fichas de inscrición que se atopan nas conserxerías dos mercados municipais. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

17 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible