Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xaneiro de 2024

O curso terá lugar todos os venres de 17.00 a 19.00 horas na Nave nº2, ata o vindeiro 1 de marzo

O Concello promove a práctica do parkour cun curso de iniciación no Espazo Xuvenil do Metrosidero

A formación, de carácter gratuíto, será impartida por Motion Academy e está orientada á mocidade coruñesa de entre 12 e 30 anos

O Concello da Coruña promove a práctica de parkour na mocidade coruñesa coa posta en marcha dun curso de iniciación no Espazo Xuvenil Municipal do Metrosidero. A formación nesta práctica deportiva responde ao obxectivo marcado polo Goberno local para o fomento de actividades de ocio alternativo e saudable en mozos e mozas a través do servizo de Mocidade do Concello da Coruña.

O curso, que comeza hoxe venres 19 de marzo, será impartido por Motion Academy e consistirá nunha primeira toma de contacto para aquelas persoas que queiran comezar a práctica do parkour. Ofértanse un total de 15 prazas para mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. Terá lugar todos os venres de 17.00 a 19.00 horas ate o vindeiro 1 de marzo na Nave nº2 do Espazo Xuvenil do Metrosidero. A nave foi concebida dende o seu inicio como espazo adaptado para a práctica de deportes urbanos cunha pista de skate, un rocódromo e un espazo de parkour co obxectivo de dar un espazo cuberto así como poder ofertar formación nos diferentes deportes.

A inscrición no curso pode realizarse de forma gratuíta nas propias naves durante o seu horario de apertura, ata esgotar as prazas dispoñibles. Ademais dos requisitos formais de inscrición, os menores de idade deberán achegar unha autorización que pode descargarse na seguinte web:  Deporte urbano en Metrosidero: Curso de Parkour .

Tamén se pode solicitar máis información na oficina de Información Xuvenil na Nave nº3 ou a través do teléfono/whatsapp 606 362 366.

Documentos:

Autorización curso parkour Metrosidero (40 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión