29 de abril de 2025
Suspéndese a actividade nas escolas infantís. Os equipos de emerxencias seguirán en alerta mentres non se restableza o subministro
O gabinete de crise creado polo Goberno municipal para afrontar as consecuencias da falla de subministro eléctrico na cidade reuniuse a pasada noite para avaliar a situación xerada na cidade por mor do corte de subministro eléctrico.
Seguindo a decisión anunciada pola Xunta de suspender as clases en centros educativos, o Concello non abrirá hoxe a súa rede de escolas infantís. Con todo, indicou a alcaldesa, Inés Rey, manterase aberta a rede de centros cívicos aínda que sen as actividades programadas así como o comedor social do centro Novoboandanza e o centro de atención continuada de Labañou.
A Policía Local seguirá dobrando o turno e todos os servizos de emerxencias, Bombeiros e Protección Civil, seguirán en alerta para atender calquera eventualidade.
Pola súa banda, María Rivas, subdelegada do Goberno, avanzou que a Policía Nacional triplicará os seus efectivos na rúa durante esta noite para garantir a seguridade. Durante a xornada do luns non tivo lugar ningún incidente reseñable, tampouco en materia de tráfico. A Policía Local controla os principais cruces da cidade ante a ausencia de regulación semafórica.
Durante a xornada de onte os servizos municipais axudaron a liberar a cerca de 90 persoas pechadas en ascensores. Ademais, colaboraron tamén para levar ás súas casas a máis de 30 persoas con mobilidade reducida.
Desde o Concello solicitan aos cidadáns evitar os desprazamentos innecesarios en vehículos privados e empregar o transporte público que seguirá a funcionar con normalidade. Ademais, pídese tamén non tirar o lixo polas limitacións na recollida e moderar o consumo de auga para evitar faltas de subministro, que se se están a producir nas zonas máis elevadas da cidade polos problemas cos bombeos.

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible