3 de maio de 2026
Ata cinco intervencións do programa de mantemento e renovación remataron recentemente en diferentes barrios da cidade
O Concello ven de rematar nas últimas semanas varias actuacións no marco do seu plan de programación do mantemento e renovación das calzadas e as redes de saneamento, que está levándose a cabo en todos os barrios dando resposta aos danos e modernizando o rueiro e os recursos da cidade.
A principios de abril xa abriu ao tránsito a calle Suevia, que estivo brevemente cortada debido aos traballos de renovación da rede de saneamento, coa instalación dunha nova rede de PVC. Tras a rápida actuación e o curado das laxas de formigón, a localización volveu a abrirse a principios a coches e peóns.
Ademais, varias obras finalizaron ao longo deste mes en diferentes puntos. En Pascual Veiga, entre as rúas Villa de Negreira e Cuba, substituíuse a rede de saneamento existente por unha nova e máis moderna. Tamén se instalou unha rede de pluviais como parte da actuación.
No aparcadoiro do Mercado de Frutas, na Avenida de Arteixo, cambiouse unha tubaxe de formigón que presentaba danos e reparouse tanto a rede de saneamento como a de pluviais. En cuanto ás intervencións para reparar o pavimento, tamén finalizaron os traballos de renovación das beirarrúas na rúa Caballeros.
"O traballo do Goberno de Inés Rey é intensivo e a pé de rúa, tratando con igual atención as actuacións máis grandes e as máis pequenas. Escoitando á veciñanza para solucionar tamén os seus problemas cotiás e mellorando a cara dos nosos barrios con renovacións constantes dos elementos urbanos", subliñou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemía Díaz.

30 de abril de 2026

29 de abril de 2026

26 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible