24 de marzo de 2026
A Torre de Hércules, María Pita ou a fonte de Catro Camiños quedarán ás escuras o sábado 28 entre as 20.30 e as 21.30 horas, nunha xornada con actividades abertas á cidadanía
O Concello da Coruña participará un ano máis na iniciativa internacional A Hora do Planeta, promovida polo Fondo Mundial da Natureza (WWF), coa que se busca concienciar á cidadanía sobre a importancia da loita contra o cambio climático. A acción principal desenvolverase o vindeiro sábado 28 de marzo, cando se procederá ao apagado simbólico de monumentos e espazos emblemáticos da cidade entre as 20.30 e as 21.30 horas, como mostra do compromiso coa sustentabilidade enerxética e a protección do medio ambiente.
Durante esa franxa horaria, quedarán sen iluminación a Torre de Hércules, o Pazo de María Pita, a fonte de Catro Camiños e a muralla do Xardín de Abente e Lago. Esta iniciativa enmárcase nun movemento global no que participan millóns de persoas en máis de 200 países desde a súa posta en marcha no ano 2007.
Ademais do apagado simbólico, o Concello organizará unha serie de actividades dirixidas a todos os públicos na praza de María Pita. A partir das 17.30 horas desenvolveranse propostas infantís e, desde as 18.30, iniciarase a colocación de máis de mil velas para formar o símbolo desta campaña internacional. Tamén se celebrará previamente unha charla informativa sobre sustentabilidade e aforro enerxético, o xoves 26 de marzo ás 18.30 horas, na biblioteca municipal do centro Ágora.
Faise un chamamento á participación da veciñanza, convidando tanto a persoas como a entidades e establecementos a sumarse á iniciativa apagando as luces durante a hora sinalada ou acudindo ás actividades programadas, reforzando así o compromiso colectivo coa loita contra o cambio climático e o coidado da contorna.

8 de marzo de 2026

6 de marzo de 2026

28 de febreiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible