Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2024

O coruñés Manel Cráneo será o novo director artístico do 'Viñetas desde o Atlántico'

Cráneo, fundador e responsable do selo Demo Editorial, asumirá o seu novo cargo xa na edición deste ano, a número 27 do Salón Internacional do Cómic da Coruña

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, informou hoxe no Pleno municipal de que o Salón Internacional do Cómic da Coruña 'Viñetas desde o Atlántico' pasará a contar con Manel Cráneo como director artístico.

Cómpre lembrar que Cráneo, fundador e responsable do selo Demo Editorial, asumirá o seu novo cargo xa na edición deste ano, a número 27 dun festival que é un referente da banda deseñada a escala mundial, con milleiros de persoas asistentes ano tras ano.

A elección de Cráneo como novo director artístico do 'Viñetas desde o Atlántico' foi posta en valor por Gonzalo Castro, que lembrou que o artista herculino "xa foi unha figura fundamental na edición do ano pasado, de absoluto consenso en todo o sector", e incidiu en que "conta cunha traxectoria impecable".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión