Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de mayo de 2026

O debuxante David Pintor estréase no Kiosco Alfonso coa mostra ‘Trazos’, que abrirá esta semana

A exposición traza un percorrido por máis de 30 anos de profesión, con obras feitas exclusivamente para esta cita

David Pintor (A Coruña, 1975) trae ao Kiosco Alfonso a mostra 'Trazos', a súa primeira gran exposición na cidade da Coruña, onde o debuxo invade os espazos nas súas diferentes formas: caricaturas, deseños de produto, ilustración editorial, publicidade, ilustración infantil ou debuxos de viaxes. Un percorrido por máis de 30 anos de profesión onde o artista galego reivindica a importancia do debuxo como manifestación artística e comunicativa e demostra a súa versatilidade e as grandes posibilidades que ten esta arte.

A caricatura ten un grande protagonismo neste percorrido profesional. Poderanse ver máis de 30 caricaturas realizadas cunha intención artística e un firme propósito de dignificar esta disciplina. "Desde o Goberno de Inés Rey temos unha aposta decidida por encher os espazos culturais da cidade da obra de grandes nomes das diferentes modalidades artísticas, e David Pintor representa o mellor do debuxo e a ilustración galega", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

'Trazos' é unha mirada ao pasado, a traballos que o artista ten feito para diferentes clientes ao longo dos últimos anos, pero tamén é unha mirada ao presente e ao futuro, xa que se poderán ver unha serie de obras orixinais feitas expresamente para esta ocasión. Debuxos inéditos que ven a luz por vez primeira, nos que David Pintor inicia un camiño de experimentación baseado na liberdade o xogo e a intuición. Unha parte do Kiosco Alfonso estará ocupada por este material, estruturado en varias series dedicadas a Picasso, á música, á danza, á guerra ou á paisaxe.

Na mostra, que abre as súas portas este mércores 13 de maio e poderá verse ata o 19 de xullo, tamén se poderán ver vídeos do artista debuxando e incluso as ferramentas coas que adoita a traballar. Como complemento á exposición, o artista protagonizará un concerto ilustrado no que realizará varios debuxos en directo proxectados nunha pantalla e acompañado pola guitarra do músico Ramón Carnota. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión