Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xullo de 2018

O Five Inspiration Forum 2018 realizarase o 6 de outubro en Palexco

Five créase para as persoas e organizacións que queren facer crecer as súas vidas e os seus proxectos caracterízanse por ter unha mentalidade aberta e flexible, unha mentalidade innovadora, disposta a afrontar os retos e con capacidade de adaptación ao cambio. Para quen busca mellorar no seu liderado, potenciar a motivación e aumentar a súa intelixencia emocional.

Nesta xornada daranse cita pensadoras, investigadores e especialistas de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Os relatores

Daniel Goleman é o experto máis recoñecido a nivel mundial no ámbito da intelixencia emocional. Está considerado internacionalmente como pioneiro na divulgación do concepto de intelixencia emocional a través do seu libro homónimo, éxito de vendas en todo o mundo. En Five convidará a reflexionar sobre o impacto que a intelixencia emocional xera en todos os ámbitos da vida e de como se poden adestrar as destrezas, actitudes e habilidades para recoñecer os propios sentimentos e os dos demais.

Luis Castellanos é pioneiro a nivel mundial na investigación científica da linguaxe positiva, ademais dun gran divulgador que descobre o poder das palabras para transformar a vida. En Five axudará a entender cales son as fortalezas da intuición, como pode axudar na toma de decisións e de que forma se relaciona coa linguaxe da inspiración.

Rosa Casafont é unha das máis extraordinarias divulgadoras do panorama nacional no relativo a como funciona a mente e as posibilidades para transformala. En Five axudará a comprender como funciona a mente á hora de tomar decisións e de que maneira se pode adestrar a xente para mellorar esta capacidade, camiñando cara a un mellor desenvolvemento persoal e profesional.

José Luis Abajo é un esgrimidor, medallista olímpico, gañador da primeira medalla da esgrima española nos Xogos Olímpicos do 2008. En Five inspirará as persoas asistentes para atopar a fonte da súa motivación, necesaria para afrontar os retos e acadar cada meta.

Silvia Escribano é unha pioneira do coaching, de gran traxectoria e recoñecemento dentro do panorama hispano falante, tanto nacional como internacional. En Five acompañará as e os asistentes cara ao benestar, inspirándoos sobre como construílo e preservalo, de tal forma que sexa este o fin último de todo obxectivo persoal.

Máis información

http://www.inspirationfive.com/

Tel.: 628 336 283 / 981 524 247

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión