2 de setembro de 2015
O sábado terá lugar a primeira sesión do ciclo de maxia Forumáxico
Fórum Metropolitano comeza mañá xoves, día 3, unha nova tempada de cine en versión orixinal. A carteleira do espazo municipal acollerá dous novos ciclos nas Salas Fernando Rey e Marilyn Monroe, dedicados ao cine de estrea fóra do circuíto comercial e unha escola de traballos chilenos. A sesión inaugural será de entrada gratuíta, e a invitación poderá recollerse no despacho de billetes desde media hora antes da sesión.
A película Love is strange, de Ira Sachs (Estados Unidos, 2014), que estivo seleccionada nos Globos de Ouro de 2014 na categoría de Mellor película de fala non inglesa, será a primeira proxección da tempada da Sala Marilyn Monroe. Neste ciclo Estreas en versión orixinal tamén participarán os traballos Winter sleep, de Nuri Bilge Ceylan (Turquía, 2014), premiada en Cannes coa Palma de ouro (2014); Leviathan, de Andre Avyagintsev (Rusia, 2014); e En du elsker, de Pernille Fischer Christensen, (Dinamarca, 2014).
O cine chileno será o protagonista este mes de setembro na sala Fernando Rey. Violeta se fue a los cielos, de Andrés Wood (2011) inaugurará un ciclo no que estarán Machuca, tamén de Andrés Wood, En la cama (Matías Biza, 2005) ou El regalo (Cristian Galaz, 2008)
A sesión inaugural será de balde, e as demais manterán o prezo habitual, 3€ (agás carné xove, maiores de 65 ou persoas desempregadas, que aboarán 2€), e a reducida de 1,5€ na última sesión do venres e primeira do sábado. As entradas poderán retirase media hora antes de cada pase ou no despacho de billetes de luns a venres, desde as 10.30 até as 13.30, e de 16.30 até as 19.30 horas.
Por outra banda, o sábado será a primeira cita co Mago Marco no “Forumáxico”, o ciclo de maxia dirixido a público familiar que terá lugar no mes de setembro. As entradas, que teñen un prezo de cinco euros, pódense adquirir no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 horas (pagos en efectivo), no despacho de billetes Fórum, o día de función, desde unha hora antes (pagos en efectivo) ou a través dos servizos de televenta: 902 504 500 ou www.ataquilla.com.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible