Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de decembro de 2022

O gaiteiro galego Carlos Núñez volve este Nadal á Coruña, cun concerto que terá lugar mañá no Teatro Colón

Núñez protagoniza unha actuación moi emotiva, cumpríndose 25 anos do seu primeiro disco, o xa clásico 'Irmandade das estrelas'

Dando continuidade á programación de Nadal na Coruña, o Teatro Colón acolle este venres 16 (20.30 horas) o concerto do artista galego Carlos Núñez.

Como xa é tradición, o gaiteiro galego máis internacional volve a casa polo Nadal, e faino protagonizando unha actuación moi emotiva, cumpríndose 25 anos do seu primeiro disco, o xa clásico 'Irmandade das estrelas'. Núñez celebrou esta efemérede coa publicación dun novo disco, no que conta coa colaboración de Rozalén, Andrés Suárez, Glen Hansard, Iván Ferreiro e Tanxugueiras.

Con máis dun millón de discos vendidos, son moitos os premios e nominacións que avalan a traxectoria de Carlos Núñez: un Grammy polo disco protagonizado en colaboración cos seus mestres artísticos, os irlandeses The Chieftains; dúas nominacións aos Grammy latinos; e tamén un Premio Ondas, ao mellor directo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión