18 de setembro de 2025
Actualmente o plan conta xa con máis de 30 actuacións en execución por valor de máis de 20 millóns de euros nos dez distritos
A alcaldesa, acompañada do Goberno local, presentoulles hoxe o Plan de barrios 2025-2027 ás entidades veciñais da cidade. Trátase dunha folla de ruta estratéxica que mobilizará 125 millóns de euros en actuacións distribuídas polos dez distritos da cidade.
O encontro contou coa participación de máis de trinta representantes de asociacións veciñais, co que se reforza a dimensión participativa dun proxecto pioneiro que, segundo explicou a rexedora, "é un documento vivo, que seguirá enriquecéndose coas achegas da cidadanía a través dun calendario aberto de encontros veciñais".
O plan estrutúrase arredor de cinco eixes principais:
Actualmente o plan conta xa con máis de 30 actuacións en execución, outras 7 adxudicadas e 16 en fase de licitación, o que garante continuidade e estabilidade. "En total temos mobilizados xa máis de 20 millóns de euros en actuacións nos dez distritos" sinalou Rey.
Entre as intervencións destacan a remodelación dos Cantóns, a rehabilitación do mercado de Santa Lucía, a posta en marcha do parque do Observatorio na Agra ou a reforma do centro cívico de Labañou.
Calendario de encontros coa alcaldesa
A alcaldesa puxo en marcha un calendario de encontros veciñais ata finais de ano, un en cada barrio, para presentar o detalle das actuacións, recoller propostas e dar seguimento aos avances.

13 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025

12 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible