11 de xuño de 2017
O servizo de Inspección Ambiental require a aplicación de medidas preventivas para evitar o risco de lume ás propietarias e aos propietarios de máis de 1.124 hectáreas que se atopan no termo municipal
A Concellería de Medio Ambiente, dentro do desenvolvemento das diferentes medidas dirixidas á prevención de lumes durante o verán, trasladou ás propietarias e aos propietarios de parcelas que se atopan no termo municipal o requirimento para que procedan á limpeza e desbroce das fincas. A iniciativa ten como obxectivo evitar o risco de lume naquelas parcelas que precisan limpeza e sobre as que o Concello non pode actuar por non seren da súa competencia. A área que dirixe María García desenvolve desde o pasado mes de abril un plan de prevención de lumes en terreos que no son de titularidade municipal a través dun proceso de inspección das parcelas para verificar o estado de cada unha delas, e de catalogación daquelas que precisan cortar a maleza. Neste proceso, os servizos técnicos do Concello detectaron preto de 370 terreos repartidos por toda a cidade, e que ocupan unha superficie aproximada de 1.224.489 metros cadrados, que requirían da aplicación de medidas preventivas para evitar o risco de lume, polo que enviaron ás propietarias e propietarios das fincas que non se atopaban nun estado óptimo de conservación os correspondentes requirimentos para que procedesen ao corte da maleza antes do 30 de xuño, data límite para a execución dos traballos.
A partir desta data, o servizo de Inspección Ambiental realizará unha nova visita ás 370 parcelas que non son de titularidade municipal para comprobar o seu estado. No caso de incumprimento da orde de execución dos traballos de limpeza antes do 30 de xuño --e despois de ter notificado a cada unha das persoas responsables a necesidade de proceder a realizar estes traballo para evitar situacións de perigo para a veciñanza--, a inactividade poderá traer consigo sancións por valor dun mínimo de 1.000 euros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible