Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de febreiro de 2021

O Goberno local dálles luz verde ás obras na rede de saneamento nas rúas Amberes e Marsella na Zapateira

As obras, que forman parte do Plan de obras e servizos da Deputación, contan cun orzamento de 458.928 euros

A Xunta de Goberno Local deulles luz verde esta mañá ás obras da rede de saneamento nas rúas Amberes e Marsella dentro do Plan de obras e servizos (POS) da Deputación da Coruña, cun orzamento de 458.928 euros para dotar estas rúas da Zapateira dunha rede separadora de augas pluviais. Ademais tamén se autorizará o proxecto de mellora enerxética da rede de iluminación en Monte Alto por un importe de 224.759 euros que será financiado polo organismo provincial a través do POS complementario do 2021.

Os traballos na rúa Marsella, que dispoñen dun orzamento de 372.092 euros, dos cales, 214.530 son achegados polo concello, consisten na posta en marcha dunha rede de saneamento nesta rúa e parte da rúa Bordeos, para separar de maneira adecuada as augas pluviais e fecais da zona de actuación. Estas conectaranse coa rede xeral existente no primeiro terzo da rúa Bordeos co obxecto de darlle continuidade ao sistema, mellorando a eficiencia dos tratamentos de augas residuais da zona e evitando o tratamento de augas non contaminadas.

Canto á rúa Amberes, é unha zona de edificacións illadas que carece de redes de saneamento. As augas residuais trátanse de maneira individual en cada vivenda e as pluviais discorren, sen canalizar, pola plataforma. O proxecto recolle o deseño da rede de saneamento separador na rúa Amberes conectándoa coas redes de saneamento municipal que discorren pola avenida de Nova York. Colocaranse dous colectores que servirán para separar as augas pluviais e fecais que se conectarán coa rede existente na avenida de Nova York para conducilas á rede xeral de sumidoiros de maneira que poidan ser tratadas adecuadamente. Esta actuación conta cun orzamento de 86.836 euros.

O edil de Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, sinalou que o Goberno local prosegue co plan posto en marcha desde o inicio do mandato para realizar distintas actuacións na rede de saneamento da cidade co obxectivo de levar a cabo un mantemento óptimo nunhas instalacións que son fundamentais para a correcta condución das augas residuais e o seu correspondente tratamento. Villoslada destacou o compromiso da alcaldesa, Inés Rey, para ter cuberto o mantemento desta infraestrutura en toda a cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión