17 de enero de 2025
Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, destacou no acto o importante papel de Tapia Segade para ser unha cidade vangardista e ilustrada
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta mañá a presentación do libro 'Federico Tapia Segade (1825-1891). Primeiro alcalde republicano da Coruña', na Casa Museo Casares Quiroga. O máximo responsable municipal de Memoria Histórica estivo acompañado por Guillerme Pérez Agulla, director da Fundación Luís Tilve, e os autores Ana Romero Masía e Carlos Pereira Martínez.
"O Goberno de Inés Rey ten moi presentes as persoas que conseguiron facer desta unha cidade vangardista e ilustrada, que nos permite hoxe ser a urbe con maior potencial do noroeste", sinalou Castro durante o acto. O libro está editado pola Fundación Luís Tilve e trátase dunha biografía que recolle as vivencias do primeiro alcalde republicano da cidade.
'Federico Tapia Segade (1825-1891). Primeiro alcalde republicano da Coruña' relata con talento aquela época decisiva da cidade, sempre politicamente axitada e sempre allea a calquera tipo de complexo provinciano. Tapia, e os moitos que o acompañaron nese tempo, traballaron pola República pero non só desde os ideais, senón desde o labor diario, en calquera nivel, desde o profesional ata o institucional.
Como alcalde, Federico Tapia foi un dos impulsores, entre outras cousas, do crecemento da cidade, co nacemento do Ensanche. Así mesmo, durante a súa vida ocorreron feitos decisivos para A Coruña, como a chegada do ferrocarril, a creación das primeiras entidades bancarias locais ou, por suposto, a efervescencia política e cultural que viviu a cidade, inzada de faladoiros, ateneos, loxas ou xornais.
Federico Tapia Segade forma parte dunha familia burguesa da Coruña. Foi o primeiro alcalde republicano, que ocupou a alcaldía en febreiro de 1872, cunha intensa efervescencia política local. Foi relevante a súa participación en asociacións culturais, sociais e benéficas, así como a súa actividade masónica.

14 de diciembre de 2025

13 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible