Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de decembro de 2017

O mercado de San Agustín acolle dende este sábado a terceira edición do Boucatise, que ofertará 20 variedades de bocadillos gourmet

En horario de 12.00 a 18.00 horas e durante toda a fin de semana, os 14 establecementos participantes exporán a súa innovadora oferta gastronómica

O mercado de San Agustín acolle dende mañá sábado, día 2 de decembro, é ata o domingo, día 3, o III Festival do Bocata Gourmet Boucatise, no que, durante dous días e en horario de 12.00 a 18.00 horas, os  establecementos participantes servirán aos visitantes 20 variedades de bocatas diferentes. O evento amplía este ano a 14 os establecementos e, como novidade, abre unha canle de colaboración coa gastronomía e o turismo doutras zonas de estado coa suma dun local de Valencia, como destino invitado. Ademais, o programa inclúe, ao longo dos dous días, varios 'showcooking'.

Así, o mercado de San Agustín contará con stands de coñecidos establecementos coruñeses como  o Alma Negra, Arallo Taberna, Bocanegra, Culuca Cociña-Bar, Casa Pardo, a Gastroteca, La Conquista, La Consentida, Food &Soul, Malte, Miga, Oído Cocina!, Pablo Gallego Restaurante, o Roots e, como novidade, un local de fóra da cidade que neste caso é o Platero Utopic Food de Valencia, que participa como destino invitado, dentro das accións vinculadas á participación da Coruña na rede de cidades gastronómicas Saborea España.

O sábado, os protagonistas dos showcookings serán David Fariña, do Alma Negra, Fernando Estévez, do Roots, Juan Fernández, do Malte e Pablo Gallego, do restaurante homónimo. O domingo, abrirá a sesión de showcookings Javier Rodríguez Ponte 'Taky', de Boketé, e estarán tamén Tino Otero, de Porto Muíños, e Iván Domínguez, do restarante Alborada, recoñecido cunha estrela Michelín. O cociñeiro valenciano Alejandro Platero, de Platero Utopic Food, estará presente nas dúas xornadas.

Sesións musicais e zona Kids

Como nas anteriores edicións, o Boucatise contará con sesións musicais a cargo de dous picadiscos da cidade, DJ Richard e DJ Cuco, e terá unha 'zona kids' e un espazo de aparcamento vixiado para carros de bebé, ambos na planta baixa do mercado.

Por outra banda, entre as accións de difusión deste evento gastronómico realizarase unha promoción a bordo dun dos avións de Vueling que cobren a ruta entre A Coruña e Barcelona a cargo do cociñeiro Iván Domínguez, unha actividade na que participarán profesionais do sector de todo o Estado.

Como explicou o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, na presentación do evento, entre os obxectivos do festival está fomentar á calidade e a variedade gastronómica de A Coruña e a posta en valor dos mercados "como espazos que, ademais de dar a posibilidade de abastecer e ofrecer produto fresco, permitan celebrar eventos vinculados coa actividade primaria das prazas de abastos". Tamén destacou o apoio ao sector da restauración da cidade e a importancia deste tipo de iniciativas para situar A Coruña no mapa das actividades gastronómicas.

Toda a información do Boucatise pode consultarse na páxina web do evento, www.boucatise.coruna.es.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión