Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xullo de 2025

O plan de melloras nos parques infantís da Coruña avanzará nos vindeiros días cara ao Barrio das Flores, o Ensanche e a Mariña

O Concello renovará diversas estruturas de xogo, co que lle dará continuidade á súa folla de ruta de actuacións en todos os distritos da cidade

Nas vindeiras semanas, o Concello da Coruña levará a cabo un investimento de case 80.000 euros para actuar en tres parques infantís da cidade e mellorar as súas infraestruturas e espazos de xogo, co obxectivo de responder ás necesidades e usos das crianzas.

Os traballos levaranse a cabo nas áreas infantís da rúa Azahar (Barrio das Flores), onde se renovará unha das principais estruturas multixogo, e tamén nos parques da praza de Pontevedra e da dársena da Mariña, onde se substituirán as redes de trepa e se habilitarán outras totalmente novas.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, explicou que estas actuacións forman parte do plan de mantemento e conservación das áreas infantís, "necesarias porque, como en todos os espazos públicos ao aire libre da cidade, cada certo tempo é importante revisar os equipamentos e valorar a súa renovación tanto por cuestións de uso como pola súa exposición a condicións meteorolóxicas adversas".

Neste sentido, en paralelo ás actuacións de conservación, o Concello tamén está a modernizar e mellorar outros parques infantís que precisaban dunha remodelación. É o caso do existente na praza Francisco Prego, no barrio da Falperra, onde o Goberno de Inés Rey actuou recentemente para gañar superficie de xogo e renovar os equipamentos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión