Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2016

O Pleno dá luz verde ao Concello para persoarse no procedemento dunha empresa contra a ordenanza fiscal que regulou o IBI “para acadar unha redistribución máis xusta da carga tributaria local”

Entre os asuntos que recibiron o visto e prace da Cámara municipal tamén destaca a aprobación inicial do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos do IMCE

O Pleno municipal deu esta tarde luz verde a que o Concello compareza no procedemento ordinario promovido pola Sociedad de Fomento y Desarrollo Turístico SA contra a aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal número 51 reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) para o ano 2016. O asunto comunicado na Cámara contou cos votos favorables de todos os grupos con representación na Corporación municipal.  

O alcalde, Xulio Ferreiro, recordou que as ordenanzas fiscais postas en marcha polo Goberno local tiñan entre os seus obxectivos principais o de lograr “unha redistribución máis xusta da carga tributaria local”. “A modificación das ordenanzas fiscais está baseada na equidade, a progresividade e a sustentabilidade ambiental”, indicou o rexedor, que salientou que “para a maioría da cidadanía significanunha reducción da presión fiscal”. “Viñeron rebaixar a maior parte da carga fiscal para a cidadanía, pero pedíndolle que arrimen o ombro aos que máis teñen. Grazas a isto puidéronse incluir rebaixas fiscais e facilidades para aqueles que están nunha situación de maior dificultade”, comentou o alcalde. “Debemos seguir profundizando nas rebaixas fiscais daquelas familias que peor o están pasando de cara ás ordenanzas do ano que vén”, adiantou o primeiro edil.

Entre as medidas que introduciron as novas ordenanzas fiscais, aprobadas en Pleno o pasado novembro, co apoio do grupo de Goberno e do Partido Socialista, no IBI atópase a conxelación dos tipos impositivos aplicables, tanto a bens inmobles rústicos como os de natureza urbana, que se manteñen no 0,6%,  así como a modificación do tipo aplicable aos grupos de aeroportos e portos comerciais dentro dos Bens Inmobles de Características Especiais (BICES) ata o 1,3% e igualalo ao tipo que se aplica ao resto de BICE da cidade, unha medida coa que se prevé aumentar a recadación en 1.011.000 euros. A lonxa e as empresas pesqueiras poderán beneficiarse dunha bonificación do 50% da cota do IBI que compensará o incremento deste imposto neste caso.

Tamén foi aprobada unha moción do grupo de Goberno municipal que avoga por eliminar das Administracións Públicas calquera relación entre os integrantes destes entes e os paraísos fiscais. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, manifestou que é necesario que se esixa aos e ás solicitantes e adxudicatarios de contratos públicos que garantan que non teñen intereses económicos en paraísos fiscais nin se benefician dos mesmos. Igualmente, esta moción insta a que a Xunta de Galicia leve a cabo unha revisión do seu Plan Xeral de Control Tributario de forma que inclúa nel a loita contra os paraíses fiscais, tendo especialmente en conta os depósitos nestes teritorios de tributación laxa dos grandes patrimonios.

Por outro lado, o Pleno municipal tamén deu o visto e prace a aprobación inicial do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) e a modificación do orzamento para o seu financiamento. En concreto, e segundo recordou o concelleiro de Culturas, Deporte e Espectáculos, José Manuel Sande, estes créditos ascenden a 104.188 euros correspondentes a facturas do ano pasado e de 2014. A gran maioría dos pagos, segundo destacou o responsable municipal, correspondense ao pago de dereitos de autor, tanto de obras de teatro, como de concertos nos diferentes recintos municipais. “Estes acostuman a ser reclamados pola SGAE durante o mes de decembro, fóra por tanto do período común de pago, polo que é necesario levar a cabo este proceso”, explicou o concelleiro. A cifra para o abono destes expedientes inxectarase a través do remanente de tesourería do ano 2015. Tamén existen facturas derivadas das festas de María Pita e outras actividades festivas.

Sande manifestou a intención deste Goberno, referendada con actuacións como esta, “é regularizar todas as acción do IMCE, xa que esta institución municipal de xeito tradicional, foi empleado polos diversos Gobenos municipais como un caixón onde ían a parar cousas de todas as concellerías”. A aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos contou cos votos a favor do grupo de Goberno, do PSOE e o BNG, e a abstención do PP.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión