14 de maio de 2026
Como en edicións anteriores, o público poderá votar a que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías. Para iso, xa se poden visualizar as 18 curtas presentadas nesta edición na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.
A cuarta edición do programa municipal Cinema na Escola entra na súa recta final. Co peche do prazo para a presentación de curtas, o pasado 30 de abril, ábrese a fase de deliberación do xurado e de votación popular, que finalizará coa realización das galas finais de entrega de premios, os días 19 e 20 de maio.
Unha vez entregadas todas as curtametraxes, o xurado procederá á súa valoración, outorgará un 1.º e 2.º premio en cada unha das modalidades propostas: mellor curtametraxe, interpretación, guión, fotografía, efectos visuais, edición e montaxe, e edición de audio; nas 2 categorías.
Ademais, como en edicións anteriores, o público poderá votar a que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías (Primaria e ESO). Para iso, xa se poden visualizar as 18 curtas presentadas nesta edición (9 de educación primaria e 9 de ESO) na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.
Para determinar as curtas gañadoras do premio do público teranse en conta as estatísticas de reproducións, gústames (likes) e retencións entre:
Gala de entrega de premios
Os premios serán entregados en dúas galas finais (unha por cada categoría), que se raalizarán no Centro Sociocultural Ágora os días 19 (educ. primaria) e 20 de maio (ESO), ás 17.00 horas.
As galas contarán coa presenza do concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, que entregará algúns dos premios.
Achegando o alumnado coruñés ao mundo da sétima arte
O programa municipal Cinema na Escola pecha esta cuarta edición coa participación de 800 estudantes e 22 profesores/as de 17 centros educativos, o que pon unha vez máis de relevo o talento, a creatividade e a capacidade de traballo en equipo dos alumnos e alumnas dos centros educativos da cidade.
Grupos participantes na categoría de educación primaria
Grupos participantes na categoría de ESO
Actividades relacionadas
Enlaces relacionados

9 de xuño de 2026

6 de xuño de 2026

5 de xuño de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible