14 de maio de 2026
Como en edicións anteriores, o público poderá votar a que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías. Para iso, xa se poden visualizar as 18 curtas presentadas nesta edición na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.
A cuarta edición do programa municipal Cinema na Escola entra na súa recta final. Co peche do prazo para a presentación de curtametraxes, o pasado 30 de abril, ábrese a fase de deliberación do xurado e de votación popular, que finalizará coa celebración das galas finais de entrega de premios, os días 19 e 20 de maio.
Unha vez entregados todas as curtametraxes, o xurado procederá á súa valoración, e propoñerá unha selección de catro proxectos finalistas como candidatos a cada un dos premios propostos (mellor curtametraxe, interpretación, guión, fotografía, efectos visuais, edición e montaxe, e edición de audio), nas 2 categorías.
Ademais, como en edicións anteriores, o público poderá votar a que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías (primaria e ESO). Para iso, xa se poden visualizar as 18 curtas presentadas nesta edición (9 de educación primaria e 9 de ESO) na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.
Para determinar as curtas gañadoras do premio do público teranse en conta as estatísticas de reproducións, gústames (likes) e retencións entre:
Gala de entrega de premios
Os premios serán entregados en dúas galas finais (unha por cada categoría), que se realizarán no Centro Sociocultural Ágora os días 19 (primaria) e 20 de maio (ESO), ás 17.00 horas.
As galas contarán coa presenza do concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, que entregará algúns dos premios.
Achegando o alumnado coruñés ao mundo da sétima arte
O programa municipal Cinema na Escola pecha esta cuarta edición coa participación de 800 estudantes e 22 profesores/as de 17 centros educativos, e pon unha vez máis de relevo o talento, a creatividade e a capacidade de traballo en equipo dos alumnos e alumnas dos centros educativos da cidade.
Grupos participantes na categoría de educación primaria
Grupos participantes na categoría de ESO
Actividades relacionadas
Enlaces relacionados

12 de maio de 2026

11 de maio de 2026

9 de maio de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible