Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2026

O programa Cinema na Escola entra na súa recta final, que culminará coa realización das galas de entrega de premios os días 19 e 20 de maio

Como en edicións anteriores, o público poderá votar a que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías. Para iso, xa se poden visualizar as 18 curtas presentadas nesta edición na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.

A cuarta edición do programa municipal Cinema na Escola entra na súa recta final. Co peche do prazo para a presentación de curtas, o pasado 30 de abril, ábrese a fase de deliberación do xurado e de votación popular, que finalizará coa realización das galas finais de entrega de premios, os días 19 e 20 de maio.

Unha vez entregadas todas as curtametraxes, o xurado procederá á súa valoración, outorgará un 1.º e 2.º premio en cada unha das modalidades propostas: mellor curtametraxe, interpretación, guión, fotografía, efectos visuais, edición e montaxe, e edición de audio; nas 2 categorías.

Ademais, como en edicións anteriores, o público poderá votar a que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías (Primaria e ESO). Para iso, xa se poden visualizar as 18 curtas presentadas nesta edición (9 de educación primaria e 9 de ESO) na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.

Para determinar as curtas gañadoras do premio do público teranse en conta as estatísticas de reproducións, gústames (likes) e retencións entre:

  • o xoves 14 de maio ás 12.00 horas e o martes 19 de maio ás 12..00 horas, para a categoría de educación primaria
  • o xoves 14 de maio ás 12.00 horas e o mércores 20 de maio ás 12.00 horas, para a categoría de ESO

Gala de entrega de premios

Os premios serán entregados en dúas galas finais (unha por cada categoría), que se raalizarán no Centro Sociocultural Ágora os días 19 (educ. primaria) e 20 de maio (ESO), ás 17.00 horas.

As galas contarán coa presenza do concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, que entregará algúns dos premios.

Achegando o alumnado coruñés ao mundo da sétima arte

O programa municipal Cinema na Escola pecha esta cuarta edición coa participación de 800 estudantes e 22 profesores/as de 17 centros educativos, o que pon unha vez máis de relevo o talento, a creatividade e a capacidade de traballo en equipo dos alumnos e alumnas dos centros educativos da cidade.

Grupos participantes na categoría de educación primaria

Grupos participantes na categoría de ESO

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión