13 de novembro de 2015
Máis de 80 deportistas locais participarán nesta competición, que se realiza en memoria de Eduardo Ramírez, un dos pioneiros da natación en Galicia
Mañá sábado, 14 de novembro, celebrarase a XXXI Trofeo Cidade da Coruña “Memorial Eduardo Ramírez”, unha competición na que participarán máis de 300 deportistas de 17 clubs de Galicia e Asturias. A proba, de categoría absoluta, desenvolverase en dúas sesións, pola mañá desde as 11.00 horas, e pola tarde desde as 17.00 horas, nas instalacións de INEF Galicia de Bastiagueiro. 82 homes e mulleres da Coruña, pertencentes aos locais Club Natación Coruña, Club de Mar e Liceo nadarán nas probas individuais e de relevos mixtos nun trofeo con máis de 30 anos de tradición e que está dedicado á figura de Eduardo Ramírez Rodríguez-Losada, antigo Presidente da Federación Coruñesa de Natación.
O XXXI Trofeo Cidade da Coruña, de entrada gratuíta para o público e que contará coa presenza de internacionais como Gaspar Andrade, Tomás Manso ou Manuel Tomé e medallistas locais como Raquel Martínez ou Sergio Campos (campión de España junior en 100 metros espalda), será a derradeira oportunidade para todas aquelas persoas que participen de mellorar ou conseguir as marcas mínimas nos 25 metros para poder competir no Campionato de España de Inverno, que terá lugar o vindeiro 26 de novembro en Xixón.

11 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible