20 de novembro de 2025
A actuación contará coa participación dos 16 concursantes desta edición
Os Concertos OT 2025 chegarán esta tempada a grandes recintos de todo o país cunha proposta deseñada para gran formato, na que os 16 concursantes da edición interpretan repertorios traballados na academia, novos arranxos e algúns dos temas máis recoñecibles do programa. O proxecto traslada ao directo a evolución artística dos participantes, con actuacións individuais, números colectivos e unha produción adaptada a grandes escenarios.
Dentro deste percorrido, o Coliseum da Coruña será unha das paradas destacadas, o vindeiro 19 de abril. O público galego poderá gozar dunha experiencia completa que reúne música en directo, narrativa escénica e unha posta en escena especialmente deseñada para este tipo de espazos. "O Concello aposta por atraer ao Coliseum artistas galegos, necionais e internacionais con programación musical para todo tipo de públicos", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As entradas xa están á venda a través de www.entradas.com. A cita terá ademais un interese especial na cidade pola presenza de Martín Yáñez "Tinho", concursante coruñés que está a ser un dos nomes máis seguidos pola audiencia galega.
Deste xeito, o concerto de OT súmase á programación musical do Coliseum para o vindeiro 2026, sendo a decimo quinta formación confirmada. O resto das citas programadas son: Eladio Carrión (29 de xaneiro), Amaia (31 de xaneiro), Mikel Izal (7 de febreiro), Amaral (21 de febreiro), Celtas Cortos (11 de abril), Hijos de la Ruina (17 de abril), Viva Suecia (18 de abril), Dani Fernández (2 de maio), Iván Ferreiro (9 de maio), Dani Martín (15 e 16 de maio), Bad Gyal (23 de maio), Pablo Alborán (4 de xullo), Aitana (22 de xullo) e La Oreja de Van Gogh (11 e 12 de setembro).

12 de decembro de 2025

4 de decembro de 2025

2 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible