7 de outubro de 2023
Ao longo da mañá, de 10.00 a 15.00 horas, as persoas asistentes poderán gozar cun amplo abano de propostas ideadas para todos os públicos, tanto para as crianzas como para as persoas adultas
O Concello da Coruña, a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, promove este domingo 8 de outubro unha nova edición dos Mercados Ecolóxicos Municipais. Nesta ocasión terá lugar na praza de Tolerancia, no barrio de Labañou, onde a programación estenderase de 10.00 a 15.00 horas.
Ao longo da mañá, as persoas asistentes poderán gozar cun amplo abano de propostas ideadas para todos os públicos, tanto para os máis pequenos como para as persoas adultas. Haberá obradoiros creativos, intercambio de libros, un ciclo sobre literatura e tamén un coloquio que achegará a cidadanía aos principais conceptos sobre a economía circular no sector téxtil. A asistencia ás actividades será de balde.
No caso específico deste domingo 8 de outubro, o cronograma de iniciativas e horarios previstos é os seguinte:
Así funciona o formato rotatorio dos mercados ecolóxicos municipais
Co fin de poder ofrecer e expandir os produtos ecolóxicos e de orixe ética e local ao maior número de persoas, o Goberno de Inés Rey está a dar continuidade ao novo formato rotatorio dos Mercados Ecolóxicos Municipais, que estenderá este evento polos diversos barrios da cidade nos vindeiros meses.
A outra gran novidade deste formato dos Mercados Ecolóxicos Municipais é a súa realización todas as fins de semana do mes: o primeiro e o terceiro domingo, no Campo da Leña, e o segundo domingo de cada mes na praza da Tolerancia, en Labañou. Xa o último domingo do mes, o mercado irá rotando por distintos barrios, como Novo Mesoiro o Parque Europa de Catro Camiños e a praza de San Cristovo, nos Mallos.
Neste sentido, hai dúas modalidade de mercado: o mercado ecolóxico, que é o que se realiza no Campo da Leña, e o mercado de compra sostible, correspondente ao da praza da Tolerancia e outros lugares. Os mercados do Campo da Leña están especializados en produtos ecolóxicos, que acreditan criterios éticos e sostibles na súa produción, elaboración ou materias primas. Os mercados na praza da Tolerancia, e outras localizacións, fomentan a economía circular e a compra responsable, aplicando a regra dos 4R. O obxectivo é poder ofrecer o maior número de produtos de economía sostible e actividades paralelas como obradoiros, concertos e actividades para a xente máis pequena.
Todos os mercados se realizarán no mesmo horario, de 10.00 a 15.00 horas. A este respecto, a información relativa a cada unha das sesións que se realizan pódense atopar nas redes sociais do mercado (@mercaecocoruna) e nas do Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible