Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de febreiro de 2021

Os Museos Científicos lanzan un programa de visitas virtuais para o público xeral durante as fins de semana e os festivos

Serán percorridos gratuítos de 30 minutos polos módulos máis emblemáticos e as exposicións coa posibilidade de interactuar co persoal dos centros a través do vídeo e mais do chat

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae están pechados actualmente polas circunstancias sanitarias, pero agora o público poderá visitalos de maneira virtual as fins de semana e os días festivos. Estes percorridos, que terán unha duración de 30 minutos e serán gratuítos, realizaranse por videoconferencia, cunha conexión a través de Google Meet.

As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para se conectaren co persoal de atención ao público que estará dirixindo a actividade desde o museo, co que ademais poderán interactuar a través do vídeo ou do chat.

As dúas primeiras fins de semana de febreiro comezarase coas reservas de persoas titulares de tarxetas de entrada anual (Tarxeta Vente e Tarxeta Vente Mini) e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

As visitas que se ofrecerán son as seguintes:

Casa das Ciencias

- Exposición «Puro Swing». Nesta visita, poderase asistir ás máis sorprendentes demostracións sobre o movemento dos péndulos e comprender o segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade realiza debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas. Horario: 11.30, 13.00 e 17.00 horas.

Domus- «Laboratorio Aberto»: Consistirá na disección en directo dun corazón. Horario: 11.30 e 17.00 horas.

- «Bocados»: Visitarase a exposición sobre nutrición e os obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e amosaranse experimentos relacionados con esta especialidade. Horario: 13.00 horas.

Aquarium - «Maremagnum»: As persoas participantes "pasearán" polos grandes acuarios, cos seus variados ecosistemas mariños, e achegaranse á vida intermareal na Charca das Caricias. Horario: 13.00 horas.

-«Nautilus»: Entrarase na sala máis espectacular do Aquarium, onde nadan os peixes de maior tamaño, como as quenllas, corvinas, douradas, robalizas e meros, e mais os bancos de xardas e xurelos. Horario: 11:30 y 17:00 horas.

RESERVAS

As persoas que desexen participar nalgunha destas visitas virtuais deben realizar unha reserva cubrindo un formulario que se atopa neste enderezo https://forms.gle/hJinEEdfM6Xhrr8m6, e que se abrirá para cada fin de semana dous venres antes ás 10.00 horas ata o mércores anterior ás 15.00 horas. O venres anterior á visita pola mañá enviaráselles un correo de confirmación ás persoas que obteñan praza, xunto coa correspondente ligazón para a conexión.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión