1 de setembro de 2015
O período de preinscrición para as diversas actividades que oferta a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento realizarase entre os días 7 e 9 de setembro. Prevese que os cursos comecen a partir do día 28
Coa chegada do outono, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento presenta a oferta dos programas de ocio que teñen lugar no Centro Ágora e no Fórum Metropolitano. En ambos os dous edificios impartiranse máis de 95 talleres distintos (47 no primeiro e 51 no segundo) e, en total, haberá unhas 2.300 prazas dispoñibles.
As persoas que desexen participar nalgún destes talleres poderán presentar a súa preinscrición os vindeiros días 7, 8 e 9 de setembro nas conserxerías dos centros do Ágora e o Fórum en horario de 9.00 horas a 14.00 horas, e de 16.00 horas a 20.00 horas, ou mediante inscrición telemática. O xoves, 10 de setembro, celebrarase o sorteo de prazas, ás 12.00 horas. As listaxes dos talleres adxudicados publicaranse o luns 14 de setembro. Posteriormente, a inscrición terá que ser formalizada antes do día 16. Entre os días 17 e 18 de setembro procederase a chamar as persoas en lista de espera para que poidan formalizar a súa inscrición durante os días 21 e 22. A partir do 23 quedarán a disposición de quen as solicite as prazas que puideran ter quedado vacantes.
Cada taller terá un coste de 30 euros, excepto para os maiores de 65 anos, que deberán aboar unha cuota de 21 euros no seu caso. O inicio dos cursos será a partir do luns, 28 de setembro.
Desta forma, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento pon a disposicións da cidadanía de Coruña até 98 cursos distintos de ocio a través de dous dos equipamentos que xestiona, como son o Ágora e o Fórum. Os talleres son de temática variada. Haberá até 14 destinados á historia e á arte e que tratarán sobre o mundo da pintura, a escultura e os museos. Outros oito centraránse na arquitectura da Coruña e contarán con actividades moi variadas, que incluirán paseos por diversas zonas do municipio, para coñecer a súa historia e arquitectura. Entre a oferta do programa de ocio tamén se atopan seis talleres máis de teatro e outros oito de literatura.
A música tamén estará presente con 6 talleres nos que os participantes poderán descubrir os diversos xéneros da ópera, ademais do canto coral e outros tipos de música. Outros dous programas de ciencias achegarán á cidadanía á Casa das Ciencias e ao mundo da astronomía e tamén haberá 4 cursos de fotografía. Desta volta tamén hai novidades na oferta dos programas de ocio, como un para descubrir as plantas mediciñais do Caurel ou da natureza máis cercana. Haberá ademais 10 talleres de cociña totalmente distintos, desde cociña con especias, italiana, galega, ou repostería creativa. Tamén programas especialmente adicados aos maiores de 65 anos, como distintos talleres de actividades motrices, corpo e danza.
Relacionados co cinema están os 7 talleres que se ofertan, ademais da oferta propia do Fórum, e que versan sobre películas italianas, de animación ou históricas. Destacan tamén os dous talleres monográficos sobre o papel da muller ao longo da historia ou o que estará adicado á cultura entorno ao viño.
A oferta de ocio complétase con actividades para nenos e adolescentes os venres pola tarde e os sábados pola mañá.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible