Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de abril de 2025

Os servizos de emerxencias municipais rescataron a 90 persoas pechadas en ascensores nas primeiras horas do apagón

O Concello pide á cidadanía minimizar o consumo de auga pola afección aos bombeos da falta de subministro eléctrico

O gabinete de crise creado polo Goberno municipal para afrontar as consecuencias da falla de subministro eléctrico na cidade reunise por segunda vez esta tarde para facer un primeiro seguimento das accións postas en marcha para combater os efectos do apagón. O gabinete coordina desde minutos despois da falla de subministro a todos os equipos de emerxencias municipais, en cooperación tamén coa Delegación do Goberno. A alcaldesa, Inés Rey, deu conta dos resultados das accións emprendidas nas primeiras horas tras o faio na distribución de enerxía.

Todos os membros do Parque de Bombeiros, Protección Civil e Policía Local están en alerta desde o primeiro momento, tamén o corpo da Policía Nacional, segundo informou Marías Rivas, subdegalada do Goberno, integrante tamén do gabinete de crise xunto a técnicos de emerxencias e mandos policiais. A rápida actuación dos bombeiros permitiu liberar a cerca de 90 persoas pechadas en ascensores a causa do apagón. Ás cinco da tarde de hoxe non quedaba xa ningún aviso de persoa atrapada.

Rey solicitou á colaboración cidadá para poñerse en contacto cos servizos de emerxencias para dar conta de calquera situación de risco. A comunicación debe facerse a través do número de emerxencias 112, que continúa operativo malia falta de electricidad. A alcaldesa tamén fixo un chamamento á veciñanza para reducir ao mínimo o consumo de auga, xa que parte da auga que se distribúe na cidade e na comarca móvese mediante sistemas de bombeo afectados tamén pola avaría. Os bombeos mantéñense parcialmente mediante grupos electróxenos, polo que está garantido o subministro para as infraestruturas esenciais, como os hospitais. Nos puntos altos da cidade -Monte Alto, Eirís, O Castrillón xa se están a dar problemas de falta de auga, que se subsanará tan pronto se restableza a rede eléctrica.

Os servizos de emerxencias están tamén coordinados con Benestar Social para atender aos colectivos máis vulnerábeis, especialmente persoas maiores con problemas de mobilidade aos que están a axudar a subir aos seus domicilios en pisos altos pola falta de funcionamento dos ascensores, tamén está habilitado un dispositivo especial de reforzo para as persoas do servizo de teleasistencia. O faio eléctrico afecta tamén á recollida de lixo, pois os camións de recollida empregan gas como combustible e este precisa de conexión eléctrica para poder encher os depósitos. Seguirá a recollida nos puntos máis sensibles como hospitais e centros de saúde, e volverase á normalidade en canto regrese o subministro eléctrico.

Por outra banda, non se rexistraron incidencias relevantes nin no tráfico nin na seguridade. Axentes da Policía Local regulan o tránsitos nos principais cruces da cidade ante a ausencia de semáforos. Todos os equipos de emerxencias estarán operativos mentres non cambie a situación. O servizo de transporte urbano, pola súa banda, funciona con normalidade realizando os percorridos habituais. "Quero agradecer a colaboración e o civismo demostrados pola cidadanía nunha situación anómala que agardamos se poida resolver o antes posible", indicou Inés Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión