30 de setembro de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, Luis Planas
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, Luis Planas, con motivo da súa visita á cidade da Coruña. Rey e Planas conversaron sobre a potencialidade da gastronomía coruñesa e o posicionamento da cidade con eventos como o Fórum Gastronómico de Galicia, xunto co liderado de diferentes empresas locais no mercado internacional.
Así mesmo, a alcaldesa trasladoulle ao ministro o interese de avanzar cara a unha distinción da gastronomía atlántica co obxectivo da posta en valor do produto de proximidade, da dieta e cociña tradicionais das diferentes cidades e países que conforman a macrorexión. A iniciativa xorde do traballo posto en marcha pola rede Atlantic Cities, presidida pola alcaldesa Inés Rey, para traballar nese eido.

17 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025

29 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible