15 de maio de 2023
Mañá martes 16 de maio ás 19.30 no Círculo de Artesáns
O proxecto "Historical LGTBI+" quere recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGTBI+ na Coruña. Reivindícase a nosa memoria histórica, a necesidade de lembrar que todos os colectivos temos unha memoria e un pasado, unha historia que necesitamos manter viva para non cometer os mesmos erros no futuro. Debemos mirar o pasado para entender o noso presente e para construír o noso futuro.
Con este traballo téntase contribuír á recuperación da memoria das persoas LGTBI+, tanto daquelas que sufriron a represión, como aquelas que viviron no franquismo e no comezo da democracia, e non puideron vivir plenamente, con todas as consecuencias persoais, familiares, psicolóxicas e laborais que afectaron á súa vida.
O proxecto nunha primeira fase centrarase na recuperación de testemuños de persoas LGTBI+ maiores de 60 anos. O obxectivo último será a realización dun documental sobre os comezos do activismo LGTBI na Coruña.
Fito Ferreiro da Asociación Palestra e director do proxecto
Paco Novo da Fundación 26 Decembro
Aurora Paz da Comision Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
Ademais contarase cos testemuños de:
Documentos relacionados

1 de abril de 2026

26 de marzo de 2026

23 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible