Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2023

Preto de 900 expertos de máis de 30 países danse cita na Coruña nun congreso internacional líder en farmacoloxía clínica

O 31º Congreso Internacional de Farmacoloxía Clínica tivo lugar previamente en Zúrich, Budapest ou Estocolmo e nesta edición A Coruña foi a cidade elixida

Preto de 900 expertos e expertas de máis de 30 países danse cita na Coruña no 31º Congreso Internacional de Farmacoloxía Clínica, que se inaugurou esta mañá en Palexco. Onte pola tarde tivo lugar a recollida de acreditacións e o foro durará ata o venres, con relatorios científicos de alto nivel neste campo e actividades paralelas para gozar da cidade. Cada ano ten lugar esta reunión no mes de xuño nun país distinto de Europa. Previamente tivo lugar en cidades como Zúrich, Budapest ou Estocolmo. Nesta edición é a quenda da Coruña.

Deste congreso sairán novas tendencias en manexo de datos, farmacoloxía ou pediatría, con conclusións dos maiores especialistas no ámbito da saúde. O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos da cidade, colabora neste evento organizado por PAGE, unha organización sen ánimo de lucro que representa a unha comunidade científica cun interese compartido na análise de datos utilizando o enfoque de poboación.

O concelleiro de Emprego e Educación, Juan Ignacio Borrego, participou na inauguración do congreso. "Somos testemuña dos últimos avances nos ámbitos sanitario, científico ou tecnolóxico grazas aos congresos que temos a sorte de acoller na nosa cidade, como este,"expresou Borrego, que animou os congresistas para gozar deste foro e da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión