Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de setembro de 2023

Programa de envellecemento activo 2023

Inscrición do 22 ao 26 de setembro. Adxudicación de praza por orde de chegada.

Este programa inclúe, un ano máis, accións de carácter preventivo, de promoción e participación social dirixidas a maiores de 55 anos. Estas accións desenvólvense nos centros cívicos municipais.

O programa ten como obxectivos a promoción de hábitos saudables para a prevención da fraxilidade, da deterioración física, cognitiva e de saúde asociados á idade.

Preténdese promover un envellecemento activo e saudable e unha mellora da calidade de vida, prestándolle unha especial atención ao contexto social e á comunidade, fomentando a comunicación, a participación e as relacións sociais.

No programa de Envellecemento activo realízanse talleres relacionados con:

  • Promoción de hábitos saudables (paseos urbanos, ximnasia de lombo, ximnasia de solo pélvico, en forma bailando...)
  • Prevención da fraxilidade (Ximnasia adaptada para mellora do equilibrio e prevención de caídas, Técnicas e exercicios para mellora do soño, Ximnasia relaxante e prevención da ansiedade...)
  • Promoción da capacidade cognitiva, novas tecnoloxías e participación social (Iniciación á realización de trámites en liña, Internet...)

A inscrición para os talleres realizarase do 22 ao 26 de setembro nas conserxerías dos centros cívicos nos que se desenvolven. A adxudicación de prazas será por orde de inscrición.

No documento adxunto pódense consultar as accións do programa e os centros cívicos nos que se van levar a cabo no último trimestre do ano 2023, as datas e os horarios de realización, a modalidade de inscrición e o número de prazas.

Documentos:

Talleres e centros do Programa Envellecemento activo (449 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión