Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2022

Programación fomento do Galego e festa das Letras Galegas 2022

A Escola Infantil Municipal Monte Alto organizará varias actividades para celebrar as Letras Galegas 2022.

A Escola Infantil Municipal Monte Alto organizará varias actividades para celebrar as Letras Galegas 2022.

O programa comezará o luns 9 de maio pola mañá, co espectáculo Derriba da lúa  destinado a toda a escola.

Derriba da lúa é un espectáculo da compañía Rilo e Penadique, formada pola narradora oral Vero Rilo e a música de acordeóns Sonsoles Penadique. Este espectáculo conxuga a narración oral con contos e a música en directo de acordeón.

Martes 10, visita do grupo Cacho Cole á Biblioteca González Garcés.

Mércores 11 á 17.30 h, na escola e para todas as familias, presentación do conto Balbina, da ilustradora e profesora Sara Iglesias.

Venres 13 pola mañá, espectáculo Cantacontos para bebés, de Pablo Díaz, para toda a escola. O premiado músico coruñés dirixe os seus espectáculos ao público infantil e, en concreto, esta actividade está adaptada para os nenos máis pequenos. Unha viaxe a través dos contos que ten a música como fío condutor.

Ademais, a EIM Monte Alto presentará en breve a canción dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas (17 de maio). Ao longo destes últimos anos, a escola foi escollendo un texto das obras dos autores e autoras homenaxeados. Desde Herba pequerrechiña ata hoxe, cada ano a EIM Monte Alto incorpora ao cancioneiro da escola unha obra que pasa a formar parte da súa historia musical. A voz e música de Félix Arias fai posible e máis grande esta proposta iniciada en maio do 2016.

Documentos relacionados

  • Programa EIM Monte Alto Letras Galegas 2022 (207 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión