9 de xuño de 2026
Ábrese un prazo de dez días hábiles, do 9 ao 22 de xuño, para a presentación de alegacións.
O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña publicou onte, luns 8 de xuño, a resolución provisional de solicitudes admitidas na convocatoria ordinaria da Rede de Escolas Infantís Municipais para o curso 2026-2027.
As listas, distribuídas por escolas, pódense consultar na páxina do portal de Educación coa información sobre o proceso de admisión ( Proceso de admisión ). Tamén se publicou a relación de solicitudes excluídas e indicouse para cada unha delas a incidencia causante da exclusión.
Con esta publicación, ábrese un prazo de dez días hábiles, do 9 ao 22 de xuño (ambos incluídos), para presentar alegacións. Posteriormente, o día 30 de xuño, publicaranse as listas definitivas e abrirase o prazo de matrícula do 1 ao 10 de xullo.
Lista de espera
Cómpre lembrar que o Concello incorpora este ano, para os/as usuarios/as das escolas infantís, a creación dunha lista de espera única unha vez pechado o proceso ordinario, de forma que se poidan ir cubrindo as vacantes que queden sen necesidade de que os pais/nais/titores esperen por unha convocatoria extraordinaria.
Esta lista de agarda, distribuída por grupos de idade, estará formada por aquelas solicitudes de nova admisión presentadas dentro dos prazos establecidos e que non obtiveron praza, ordenadas segundo o posto e a puntuación alcanzada conforme aos criterios de prioridade e baremación regulados nas bases. A lista de espera, que será válida ata o 31 de decembro de 2026 (non se realizarán máis chamamentos a partir desa data), estará publicada na páxina web municipal e actualizada en todo momento
Pódese consultar máis información sobre o proceso de admisión na páxina informativa: Proceso de admisión

6 de xuño de 2026

5 de xuño de 2026

4 de xuño de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible