2 de febreiro de 2025
A intervención, executada ao longo da última quincena deste mes de xaneiro, foi semellante á executada na praza de Santa Catalina o ano pasado
O Concello completou esta semana os traballos de mellora previstos na praza da Cormelana, onde nas últimas semanas acometeuse a substitución das tarimas de madeira existentes en diversos puntos da praza para cambialas por un novo firme de lousas de pedra, máis adecuado en termos de conservación e resistencia fronte ás inclemencias meteorolóxicas.
Esta medida é semellante á executada na praza de Santa Catalina o ano pasado, onde tamén se retiraron as antigas superficies de madeira, máis sensibles ao deterioro ante a choiva e a humidade, e se dispuxeron lousas de granito gris. Desta forma, o Goberno de Inés Rey deu resposta a unha solicitude da veciñanza que redundou nunha mellora da seguridade das persoas transeúntes, apostando por materiais que evitan posibles esvaramentos.
"Esta liña de traballo foi a que seguimos tamén na praza da Cormelana, xa que a problemática era moi parecida á que había na praza de Santa Catalina en termos de seguridade peonil", explicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.
A intervención, que recibiu o visto bo da Comisión PEPRI antes de finais de ano, programouse a mediados de xaneiro para facilitar o desenvolvemento das actividades do sector hostaleiro da contorna no contexto das festas de Nadal, por ser datas de máis afluencia.

17 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025

14 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible