5 de maio de 2025
Inés Rey e Juan Ignacio Borrego visitan o novo espazo, resultado dun proxecto participativo no que o Concello investiu 240.000 euros
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, visitaron esta mañá o CEIP Ramón de la Sagra para comprobar o resultado das obras de remodelación do seu patio exterior, que o Concello acometeu cun investimento de case 240.000 euros.
A intervención, que partiu dun proceso participativo coa implicación de familias, veciñanza e exalumnado do centro, permitiu transformar o patio nun espazo máis naturalizado, accesible e diverso en usos. O proxecto, deseñado en colaboración co arquitecto Fermín Blanco, apostou por recuperar zonas verdes, crear novas áreas de xogo e fomentar a integración do colexio coa contorna urbana do barrio de Elviña.
Entre as principais melloras destacan a plantación de novas árbores -como castiñeiros, bidueiros, freixos, faias e loureiros-, a creación dun souto de castiñeiros con cabanas de xogo, a ampliación das superficies verdes e a habilitación dun percorrido adaptado que conecta coas escaleiras da rolda Camilo José Cela.<
O patio central reservouse para a práctica deportiva, mentres que na zona infantil renovouse o castelo multixogo e incorporáronse novos equipamentos. Ademais, o novo peche paralelo ao corredor peonil, feito en táboas de madeira, incorpora elementos de xogo, converténdose así nun novo atractivo para o alumnado.
Durante a visita, Inés Rey subliñou que "esta actuación é un exemplo do noso compromiso por mellorar os espazos educativos, apostando por contornas que favorezan o xogo libre, o contacto coa natureza e a aprendizaxe activa".
O Goberno municipal lembra que, durante o desenvolvemento das obras, garantiu que as crianzas dispuxeran de zonas seguras de xogo no centro.

27 de novembro de 2025

27 de novembro de 2025

22 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible