Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2025

Revolver actuará na Coruña na súa xira de 30 aniversario de ‘El Dorado’

A formación liderada por Carlos Goñi estará no Teatro Colón como única data en Galicia o 8 de novembro

Revolver actuará na Coruña o vindeiro 8 de novembro na súa exclusiva xira que conmemora o 30 aniversario de 'El Dorado', un dos discos máis emblemáticos da formación liderada por Carlos Goñi. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos ofrecer á cidadanía unha programación cultural variada, adaptada a cada un dos recintos municipais e exclusiva, como é o caso desta actuación", sinala Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

A actuación da Coruña será a única programada na cidade dentro desta xira, que só ofrecerá 11 concertos en todo o país. As entradas poderán adquirirse a través de Ataquilla e da páxina web gruporevolver.es e no despacho de billetes da praza de Ourense a partir do vindeiro martes, 11 de marzo, ás 12.00 horas.

Nesta xira Carlos Goñi interpretará de maneira íntegra o disco 'El Dorado', un dos grandes álbumes de rock en español, publicado en 1995. Revolver escolleu os mellores teatros do país para interpretar algunhas das súas cancións máis icónicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión