4 of june of 2025
A previsión é que as obras para renovar o mercado rematen a finais deste ano
A alcaldesa, Inés Rey informou hoxe da inminente saída a concurso de 13 postos baleiros no mercado municipal de Monte Alto. O obxectivo desta convocatoria é cubrir a oferta existente no mercado en paralelo á finalización das obras, prevista para finais de ano.
"A nosa intención é que as persoas adxudicatarias comecen a súa actividade nos postos cun mercado con instalacións renovadas", razoou Rey, que debullou os principais detalles da licitación: as concesións serán de 15 anos, con posibilidade de prórroga de ata 10 anos. E a presentación de ofertas será exclusivamente por vía electrónica, a través da Plataforma de Contratación do Estado.
Haberá 30 días hábiles a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
O canon das praceiras e praceiros seguirá reducido á metade ata o remate das obras
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou que a redución do canon do 50% ás praceiras e praceiros de Monte Alto se manteña ata finais de ano, mentres avanzan as obras.
"A previsión é que rematen no mes de decembro, polo que a redución do canon á metade seguirá vixente ata entón, mentres continúan a desenvolver a súa actividade no mercado provisional de Indalecio Prieto", detallou Inés Rey.

17 of december of 2025

10 of december of 2025

6 of november of 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible