14 de febreiro de 2025
O vindeiro luns 17 terá lugar a primeira quenda de visitas ás instalacións dos ciclos de FP
As II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025), organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña co obxectivo de informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade, arrincan o vindeiro luns 17 de febreiro.
Neste primeiro día das xornadas realizaranse visitas guiadas ás instalacións onde se imparten os ciclos de Formación Profesional, con charlas informativas sobre o seu sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.
Programación
CIFP Paseo das Pontes - 16:00 h.
CIFP Paseo das Pontes - 17:00 h.
CIFP Paseo das Pontes - 18:00 h.
IES Rosalía de Mera - 16:30 h.
CIFP Someso - 16:30 h.
Acceso ás xornadas
O alumnado inscrito deberá presentar a CREDENCIAL que se lle enviou ao seu correo electrónico para poder acceder ás visitas e charlas.
No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
29 de abril de 2025
26 de abril de 2025
23 de abril de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible