22 de febreiro de 2023
A actividade “O vampiro Ramiro - A lectura para resolver conflitos axuda” Está destinada aos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.
Trátase dun espectáculo ideal para entreter e reflexionar, xa que aborda de forma amena o desenvolvemento de situacións de aprendizaxe, como a importancia da boa convivencia e o valor da lectura nas nosas vidas.
Desde o 23 de febreiro e ata o 21 de abril un total de 22 centros educativos de infantil e primaria acollerán o contacontos nas súas aulas.
A posta en escena mestura a narración oral con cancións orixinais e coreografías sinxelas. A través de escenografía e decorados introducirase a historia. Desenvolverase tamén un obradoiro de ilustración do personaxe principal, "o vampiro Ramiro".
Documentos relacionados

19 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible