Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2022

“Un heroe”, do cineasta iraniano Asghar Farhadi e nominada aos Globos de Ouro o ano pasado, proxéctase esta semana no Fórum Metropolitano

As salas Marilyn Monroe e Fernando Rey pechan, entre xoves e sábado, os ciclos de cinema ‘Heroes anónimos’ e ‘Saíndo da fábrica’

O Fórum Metropolitano pecha esta semana, de xoves a sábado, os ciclos de cinema 'Heroes anónimos' e 'Saíndo da Fábrica', postos en marcha a comezos deste mes de maio.

A sala Marilyn Monroe proxectará a longametraxe iraniana "Un heroe" (2021), que leva o selo do recoñecido cineasta Asghar Farhadi. Nominada aos Globos de Ouro na edición do ano pasado, na categoría de Mellor Película en Fala non Inglesa, a peza achégase á historia de Rahim (Amir Jadidi), encarcerado por unha débeda que non puido devolver. No contexto dun permiso de dous días, Rahim intenta convencer ao seu acredor para que este retire a súa reclamación dunha parte do pagamento, mais a situación non irá segundo o previsto.

A obra, recomendada para maiores de 7 anos, dura 127 minutos e proxectarase en versión orixinal subtitulada ao castelán. Disporanse tres xornadas de proxección: xoves 26 (20.00 horas); venres 27 (20.00 horas) e sábado 28 (17.30 e 20.00 horas).

"Hotel Explotación. Las Kellys", na sala Fernando Rey

Na sala Fernando Rey proxectarase, tamén entre o xoves e o sábado, catro pases do documental "Hotel Explotación. Las Kellys" (2018), dirixida por Georgina Cisquella e que se remonta no tempo ao mes de outubro do ano 2016, cando máis de 200.000 mulleres que traballaban como camareiras de piso en España decidiron organizarse para reclamar os seus dereitos.

A obra, apta para todos os públicos e vinculada co fomento da igualdade de xénero, dura 55 minutos e proxectarase en versión orixinal. Disporanse tres xornadas de proxección: xoves 26 (20.00 horas); venres 27 (20.00 horas) e sábado 28 (17.30 e 20.00 horas).

As entradas, xa á venda

A compra de entradas para as sesións desta semana xa está dispoñible, a través da páxina web de Ataquilla.com. Habilitarase tamén o despacho de billetes do Fórum Metropolitano os días de proxección, desde media hora antes do inicio das mesmas. Ademais, os pases poden adquirirse no despacho de billetes do IMCE sito na praza de Ourense en horario de luns a venres (salvo festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas. 

O prezo das entradas será de 3 euros para o público xeral e de 2 euros para aquelas persoas que dispoñan de Carné Xove, sexan maiores de 65 anos ou estén desempregadas. Ademais, as sesións do espectador programadas para os sábados ás 17.30 horas teñen un prezo único de 1,50 euros.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión