Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de maio de 2018

V Festival de Curtas Ópera Prima 2018

No V Festival de Curtas Ópera Prima 2018, que se realizou o 30 de maio no Ágora, proxectáronse as oito curtas gravadas polo alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria dos oito CEIP que participaron nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega".

O festival foi presentado polo actor e monologuista Ramiro Neira, e contou coa actuación de Uxía López González, unha das gañadoras do VI Certame de monólogos cómicos en galego 2017. Tamén estiveron a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, que entregou os premios, e o coordinador dos devanditos talleres, Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés. Ao eventou asistiu unha gran cantidade de público, entre familiares e compañeiras e compañeiros.

Formaron o xurado:

- Anabel Fernández, coordinadora do ENL da Escola Oficial de Idiomas

- Pepe Barba, xefe de estudos do CIFP Escola de Imaxe e Son da Coruña

- Carmen de Miguel, produtora de audiovisual

- Ana Judel Prieto, técnica de Educación do Concello da Coruña, como secretaria

Outorgou os seguintes premios nas seguintes categorías a:

CATEGORÍAS CURTAMETRAXES CENTROS

MELLOR CURTAMETRAXE

A convención

CEIP Víctor López Seoane

MENCIÓN DE PRATA Á CURTAMETRAXE

Os cinco anos dá morte

CEIP Ramón de la Sagra

MELLOR DIRECCIÓN

Cambio radical

CEIP Raquel Camacho

MENCIÓN DE PRATA Á DIRECCIÓN

O misterio da máscara branca

CEIP Eusebio da Guarda

MELLOR GUIÓN

Viaxe contrarreloxo

CEIP Manuel Murguía

MENCIÓN DE PRATA AO GUIÓN

Operación desastre

CEIP Anxo da Garda

MELLOR REPARTICIÓN

Loita polas notas

CEIP Rosalía de Castro

MENCIÓN DE PRATA Á REPARTICIÓN

The paiaso maldito

CEIP Prácticas

Un total de 98 alumnas e alumnos participantes nos devanditos talleres recibiron un diploma da súa participación, e cada equipo un trofeo da Torre de Hércules (co corpo da Torre de caixas de celuloide), elaborado polo taller de cerámica "Kerámicos" da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) e un diploma.

Ademais, as curtas realizadas no 1º trimestre do curso participaron en abril no "Festival CinEOI Coruña" 2018 (organizado pola Escola Oficial de Idiomas, en colaboración co Concello da Coruña) e as realizadas no 2º semestre participarán na próxima edición de 2019.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión