Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2018

V Torneo 6vs6 Cruyff Court

A pista Cruyff Court de Novo Mesoiro é unha pista de fútbol de herba artificial que o día 28 de abril desde as 16:00 horas acollerá a realización do V Trofeo Cruyff Courts na modalidade de 6 contra 6 xogadores.

13 de abril

Informámosvos de que o prazo de presentación de inscricións amplíase ata o día 18 de abril ás 14:00 h.

20 de marzo

O torneo dispútase en dúas categorías, fútbol masculino e fútbol feminino, para mozos e mozas (alumnado do mesmo centro educativo), nacid@s entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2007.

O modo de inscrición é moi sinxelo, pois só necesitades xuntar un mínimo de seis xogadores/as (máximo ata 8) e unha persoa responsable que sexa maior de idade e que faga de delegado/a para poder participar. A participación é gratuíta e podedes formalizar a inscrición no seguinte formulario

Ademais podedes consultar máis información na web www.cruyff-foundation.org . Requirirase certificado de matriculación no centro (que se presentará o día do torneo).

O V Trofeo Cruyff Courts 6 vs 6 é un campionato que conecta a todos os Cruyff Courts do mundo e que lles permite ás persoas gañadoras desta cuarta edición loitar polo campionato nacional.

Ademais do aspecto puramente deportivo, o torneo aséntase nuns principios básicos que todas as persoas participantes deben asumir como propios, son as 14 regras establecidas por Johan Cruyff, que se aplican en todos os Cruyff Courts do mundo e que podedes consultar nos boletíns de inscrición. O respecto, unha das 14 regras de Johan Cruyff, é fundamental para o campionato.

Anímate e participa! Poñédevos de acordo un mínimo de seis amig@s e vivide unha experiencia nova, divertida e educativa. O prazo de inscrición finaliza ás 14:00 horas do día 18 de abril de 2018.

Documentos relacionados

  • Formulario de Inscrición IV Cryuff Court 6 vs 6 (196 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión