Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de marzo de 2023

Xa está aberto o prazo de inscrición para a obra de teatro "A formiga Icía"

Dirixido ao alumnado de 3.º de primaria (8-9 anos)

A formiga Icía, interpretada por La Fiesta Escénica, é unha obra de teatro para nenos/as co encanto dun conto ilustrado. A escenografía e decorados fan que os actores e as actrices parezan bichiños dentro dun conto colorido e tridimensional.

A protagonista, unha formiga que non quere traballar, aprenderá valores como a amizade ou a lealdade e tamén os límites da tolerancia ou o egoísmo e o perdón.

Os centros interesados en participar deben cubrir entre o 27/03/2023 e o 31/03/2023 a Ficha de solicitude xeral e a Ficha de solicitude específica.

A representación será na DOMUS e o transporte será facilitado polo Concello.

Documentos relacionados

  • Dossier-A formiga Icía (7 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión