Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xullo de 2015

Xulio Ferreiro: Reconduciremos a situación para que non se repitan os feitos do túnel de María Pita

O alcalde da Coruña indica que o Concello estuda as causas dos problemas, que espera que sexan puntuais e non estructurais tendo en conta que a infraestrutura foi reaberta polo anterior Goberno local hai dous meses

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, referiuse este venres aos problemas que presenta o aparcadoiro subterráneo de María Pita, que o anterior Executivo presidido por Carlos Negreira reabriu o pasado 12 de maio, antes das eleccións municipais. O rexedor explicou que o Concello "estuda" polo miúdo o asunto. "É curioso que despois de dous meses, o túnel xa empece así, pero imos ver como podemos reconducir a cousa para que non se repita unha situación coma esta", dixo.

O alcalde indicou aos medios que agarda que o resultado dos estudos que se están a levar a cabo dean un resultado positivo. "Os técnicos están estudando o tema, e esperemos que estes problemas sexan puntuais e, e en ningún caso estruturais, tendo en conta que a obra ten tan só dous meses", dixo o alcalde.

Noutra orde de cousas, a prensa tamén preguntou ao alcalde sobre a obrigación de selar o vertedoiro da planta de Nostián no prazo dun ano. Ferreiro recordou que esta necesidade xa está prevista. "Nos orzamentos había unha pequena dotación, aínda que o esforzo haberá que facelo o ano que vén", explicou o rexedor. "Seguiremos a falar coa Xunta por este tema. De momento, o anterior Goberno non deixou previsto nada nos orzamentos deste exercizo", dixo. "Nesta situación reservaremos este ano o que se poida, e o que vén faremos o que sexa necesario", indicou.

Por outro lado, o alcalde coruñés referiuse ao Pleno de Organización convocado para mañá, sábado, ás nove da mañá no Pazo de María Pita. Ferreiro volveu destacar que a oferta que transmite o grupo de Goberno é especialmente xenerosa. "É a que permite que o Goberno poida gobernar, pero tamén que a oposición poida facer o seu traballo", indicou. "Creo que é importante que os grupos se dean conta de que os medios que lles ofrecemos nunca llos ofreceu a oposición ningún outro Executivo", dixo.

Ante a oferta do Goberno municipal, Ferreiro espera que esta proposta de organización saia adiante "sen problemas".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión