3 de xullo de 2015
O alcalde da Coruña, tras a celebración da Xunta de Goberno local, explicou que a decisión tomada non significa que non esteamos dispostos a reclamar, só que non era a vía xurídica correcta.
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, dou conta este venres ante a prensa dos acordos adoptados na Xunta de Goberno local. Así, entre outras cuestión, referiuse á decisión de desistir do procedemento contable ante o Tribunal de Cuentas no coñecido como Caso Someso, ao considerar que esta vía estaba condenada ao fracaso e suporía, previsiblemente, unha grave repercusión económica para o Concello. Non obstante, si se dará pulo, como considera procedente o propio ente fiscalizador á revisión de oficio do acordo do 30 de setembro de 2005 que dou pé ao escándalo.
?O que fixemos foi darlle trámite a unha petición xa existente, xa que a asesoría xurídica entende que pode haber unha causa de nulidade neses acordos?, explicou o rexedor.
O alcalde da Coruña aclarou que a retirada do procedemento contable aberto no Tribunal de Cuentas sobre Someso non significa que o Concello non vaia a reclamar responsabilidades en caso de que sexa necesario. ?Entendemos que a vía de Cuentas non era a xurídicamente correcta, e así o ditaminou tamén a nosa asesoría xurídica?, dixo Ferreiro. ?Eses son os termos nos que nos baseamos para retirar a demanda?, engadiu.
Non obstante, o alcalde apuntou: ?Unha vez que se remita o expediente de nulidade veremos se se desprenden responsabilidades e se estamos en prazo de pedilas?.
?O que queremos é facer as cousas como se deben facer, con transparencia e claridade. Non quere dicir que non esteamos dispostos a reclamar o que faga falla, senón que entendemos que o camiño xurídico correcto é este que decidimos tomar?, aclarou o alcalde.
Alvedro
En canto a inauguración da ampliación da pista de Alvedro que terá lugar esta tarde e a que acudirá o alcalde Ferreiro, o rexedor explicou que, na súa opinión, o camiño para que a terminal mellore é ?deixar de empregar discursos localistas e artellar unha rede galega aeroportuaria que realmente funcione con criterios de complementariedade?.

14 de maio de 2026

14 de maio de 2026

13 de maio de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible