Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Poetas di(n)versos: Dan Coman e Manuel Darriba

Por tipo de actividad:

Conciertos y recitales

Por tipo de público:

Personas adultas

Cuándo:

25/11/2019

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.30h

Duración:

1h

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

novembro-2019.pdf (987 KB)

Regresa o ciclo "Poetas di(n)versos", as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo conducidas pola escritora e xestora cultural Yolanda Castaño. Vai xa pola súa 9ª edición

Nesta ocasión, temos unha cita coa poesía de Dan Coman e Manuel Darriba.

Nado en 1975 na localidade transilvana de Gersa, Dan Coman estase a converter nun dos principais representantes da poesía romanesa contemporánea.

O seu primeiro libro saiu publicado en 2003 baixo o título de O ano da toupa amarela (cunha segunda edición en 2004), e axiña resultou galardoado co Premio de debut da Unión de Escritores da Romanía e mais co Premio Nacional de Poesía Mihai Eminescu Ópera Prima. Tras este comezo fulgurante, viñeron outros exitosos poemarios coma Ghinga (2005), O dicionario Mara (2009), A parroquia (2012) ou O matrimonio (2015). A eles sumouse en 2017 O insectario Coman, último libro de poemas até a data, que vén de ser traducido ao castelán por Elena Borrás para a editorial La Bella Varsovia (2019). Existen tamén dúas antoloxías do seu traballo, con poemas reunidos baixo os títulos d great coman (2007) e ERG (2012). Así mesmo, Coman é autor da obra en prosa Irresistible (2010).

Poemas seus foron traducidos ao castelán, inglés, esloveno, húngaro, francés, serbio, sueco e alemán. Recibiu ademais numerosos premios, entre os que salientan o Premio Radio Romanía Cultural ou o Vilenica Crystal Prize de Slovenia. Dende o ano 2008 é un dos organizadores do Festival de Poesía e Música de Cámara "Poezia e la Bistriţa" [A poesía está en Bistriţa].

Manuel Darriba (Sarria, 1973) é narrador, poeta e guionista. Licenciado en Xornalismo e Filosofía; en medios impresos de ámbito galego e estatal exerceu durante anos unha actividade xornalística pola que recibiu un bo número de galardóns. Posteriormente fundou e dirixiu unha empresa editora de revistas técnicas, e dende o 2011 dedícase en exclusiva á escrita.

Debutou na poesía en 1997, e a Calor seguiulle en 2006 Vostede non sabe con quen está a falar, galardoado co Premio Espiral Maior. En 2010 Os indios deixaron os verdes prados faise co Premio González Garcés e, finalmente, Santa morte ve a luz hai só uns meses. Darriba é igualmente autor das novelas O bosque é grande e profundo -nomeada ao Premio de Novela Europea Casino de Santiago- Velada do billarista -galardoada co Lueiro Rey- e mais Accidental, as tres tamén vertidas ao castelán. Ademais, outros cinco títulos -dirixidos ao público adulto, xuvenil ou infantil- completan unha bibliografía en prosa que o pasado ano culminou co volume de relatos Elefante (2018). Para rematar, como guionista ten escrito para unha chea de programas e series da TVG como Serramoura, O Faro, Malo será!, Land  Rober Tunai  Show, Fontealba, Vidago Palace, A estiba, O sabor das margaridas, etc. Ademais, o máis recente dos tres filmes documentais que dirixiu -Pacios. As fotos da memoria- exhibiuse xa en festivais de Europa e América e pode verse íntegro na rede.

Quieres saber ...

  • Poetas di(n)versos

    ¿En qué consiste Poetas di(n)versos?

    El ciclo "Poetas di(n)versos" son citas mensuales con la mejor poesía de Galicia y del resto del mundo. Son actos de alrededor de una hora de duración, abiertos y totalmente gratuitos, en los que propios y extraños podrán disfrutar de versos leídos en idioma original y en traducción al gallego, en las voces de sus autores y autoras, para descubrir la fuerza y emoción de la palabra lírica.

    Más información

Las inscripciones

¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info

Para tener en cuenta

Para el correcto desarrollo y aprovechamiento de las actividades se ruega puntualidad ya que no se podrá acceder al espacio pasados 5 minutos de la hora de inicio. 

En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.

Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión