Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Bebencontros

Tipo de actividade:

Bebeteca

A quen vai dirixido?:

Bebés 0 a 24 meses / Familias

Require inscrición

De outubro a maio. Mensual

En que consisten os bebencontros?

Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstraselles aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos... nestas primeiras idades.

Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios/as e bebés escóitanse, míranse e manipúlanse libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.

Como participar?

  • Para poder participar nos Bebencontros requírese unha inscrición previa.
  • O prazo de inscrición ábrese unha semana antes da actividade ás 10.00 horas.
  • As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Onde e cando

Habitualmente, os horarios serán os seguintes:

Biblioteca 0 a 12 meses 6 a 24 meses 13 a 24 meses 0 a 24 meses Prazas Frecuencia
Biblioteca Ágora sábados 11.30 h 10 Mensual
Biblioteca Fórum Metropolitano sábados 11.30 h sábados 11.30 h 6/7 Mensual
Biblioteca Os Rosales sábados 11.30 h 12 Mensual

Moi importante

Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levar para a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.

Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto, e non dubides en lle pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.

Documentos:

Descarga o calendario de sesións para 2023 (3 MB)

Últimas entradas no blog

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión